Unha terrible historia real de como a burocracia leva a deixar sen escolarizar a un rapaz con parálise cerebral durante máis de cinco meses. A situación resolveuse a partir da publicación desde artigo propiciado polo director do centro educativo onde eu era a orientadora. Desde aquí o meu agradecemento ao xornalista Serxio González Souto @Snifgz que foi quen motivou que a administración educativa cortara o nó gordiano e se volvera escolarizar ao alumno.
A noticia da resolución aquí: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2005/03/30/educacion-soluciona-escolarizacion-nino-discapacitado-vilanova/0003_3588684.htm